Mukhannathun

Mukhannathun (do árabe مخنثون, efeminados, homes que semellan mulleres; en singular mukhannath) é un termo do árabe clásico para designar as persoas que agora se chamarían transxénero (bioloxicamente homes, xenericamente mulleres). En varios hadith faise referencia aos mukhannathun. Nun dos hadith o profeta Mahomé desterra a un mukhannath a unha rexión preto de Medina, pero prohibe aos seus habitantes que lle fagan dano.[1] Estes textos poderían indicar que as transexuais musulmás eran aceptadas como son dentro dos límites de Medina e A Meca. Alén destes textos relixiosos, os mukhannathun están estreitamente relacionados coa música e o lecer.[2]

  1. www.usc.edu (ed.). "Sunan Abu-Dawud, Book 41: General Behavior (Kitab Al-Adab), nº 4910". Arquivado dende o orixinal (Html) o 09/02/2007. Consultado o 29/06/2010. (en inglés)
  2. ROWSON, E.K. (10/91). www.williamapercy.com, ed. "The Effeminates of Early Medina" (PDF). Journal of the American Oriental Society. pp. 671–693. Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 01/10/2008. Consultado o 29/06/2010. (en inglés)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search